


El grifo, de Continental Producciones, premiado por partida dobre no Curtocircuíto
2011-05-16
O 14 de maio celebrouse a gala de clausura do festival Curtocircuíto na que se entregaron os premios ás mellores obras, entre eles, o Ficción Compostelae e a Mención especial do Xurado Novo á curta El grifo, de Continental Producciones.
Tamén resultaron galardoadas as obras galegas Estereoscopía, de Xacio Baño, como mellor curta galega; O zapateiro, de David Doutel e Vasco Sá, como mellor animación Compostelae; Birdboy, de Pedro Rivero e Alberto Vázquez, como mellor animación internacional; Vicenta, de Sam Orti Marti, recibiu o premio do público; e a televisión portuguesa RTP mercou os dereitos de emisión de Gato encerrado, de Peque Varela.
Ademais das obras galegas, tamén se recoñeceu a calidade da curtametraxe británica Baby, de Daniel Mulloy, mellor ficción internacional; El Somriure Amagatde Ventura Durall, mellor documental internacional; e Turning, de Karni Arieli e Saul Freedg, gran premio Explora.
O xurado novo do certame premiou a El grifo e tamén os títulos The External World, de David O Reilly como mellor curta explora, e Mwansa the Great, de Rungano Nyoni, como mellor curta internacional. Santiago despediuse das proxeccións, das mesas redondas, dos encontros e das festas sobre o mundo das curtametraxes.

http://www.curtocircuito.org/
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada